DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Rúa imponse ao Viana no segundo amigable da pretempada no campo Vicente Solarat Maceda

Co 3-2 no marcador remataba o partido disputado na tarde-noite do 27 de agosto

O balón xa leva rodando unhas semanas no campo  de fútbol rues Vicente Solarat Maceda. Tanto por parte dos equipos base como do sénior do C.D. Rúa que baixo as ordes de Luis María Ferrer, está preparando unha nova tempada en segunda autonómica.

E para poñer a punto a técnica e a táctica, e ir valorando os resultados dos adestramentos, nada mellor que os tradicionais partidos amigables de pretempada. O primeiro para o Rúa celebrábase o pasado martes 20 de agosto contra o Quiroga F.C. que se saldaba co empate a dous goles. E xusto unha semana máis tarde, nesta noitiña do 27 de agosto a unha hora pouco habitual (case as nove da noite), disputábase o segundo, desta volta contra o veciño de categoría aínda que non de grupo, o C.D. Viana.

Finalmente, este segundo test de nivel saldábase cunha vitoria para os locais por 3-2, cos goles de Lora, Brais Vidal e Juan Mondelo para o conxunto amarelo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button