DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Rúa Valdeorras CF cae ante o Conxo no Aguillón

1-2 perdían as ruesas no partido correspondente á xornada 29

A falta de cinco xornadas para que remate a liga, estánselle complicando as cousas ao equipo de fútbol feminino da Rúa que vén de perder o partido da xornada 29 contra o Conxo.

Na tarde do 17 de abril, o partido entre Rúa Valdeorras CF e CD Conxo no campo rues do Aguillón, comezaba con sol e moita afección nas bancadas e nos laterais do campo (entre eles os xogadores do CD Rúa e San Cibrao que xogarían despois). Mais nin o tempo nin o público lograban que as xogadoras locais desplegasen o seu mellor xogo e o conxunto visitante adiantábase no marcador. Co 2-0 e pouco antes do descanso, Carol lograba acurtar distancias marcando un tanto para o Rúa. Así, co 2-1 arrancaba o segundo tempo e malia tentalo unha e outra vez, o marcador xa non se movería, rematando o encontro baixo unha potente tromba de auga.

Con este resultado o conxunto valdeorrés afástase dos postos de promoción, a sete puntos do terceiro clasificado. O próximo encontro será o domingo 24 de abril contra UD Santiso.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button