DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Rúa-Valdeorras CF golea ao Orzán SD “C”

Co 5-1 saldábase o encontro da xornada 27ª disputado no campo do Aguillón

Despois dun mes de marzo complicado (con dúas derrotas e un partido aprazado), o equipo feminino de fútbol da Rúa comezaba abril da mellor forma posible, cunha contundente vitoria fronte ao Orzán “C”.

Se na primeira volta da liga as valdeorresas vencían ás coruñesas por 0 goles a 4, nesta ocasión o resultado era de 5-1 no campo rues do Aguillón. Lucía e Peque marcaban na primeira parte e a segunda xa sería cousa de Carol, autora dos outros tres. O Orzán, pola súa banda, marcaba segundos antes de que o colexiado pitara o final do partido.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button