DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Rúa-Valdeorras CF golea ao Sar de Padrón no Aguillón

7-1 remataba o encontro correspondente á xornada 16 desputado o 3 de xaneiro

Malia estar en plenas vacacións de Nadal, as rapazas do Rúa-Valdeorras CF tomáronse moi en serio o primeiro partido do ano, desputado no campo do Aguillón ante o Sar-Extramundi de Padrón, dominando o xogo sobre todo na primeira metade, na que metían seis goles (dous de Isabel Ro, 1 de Carol e 3 de Isa).

Na segunda parte do partido, Carol aumentaba a diferencia para o Rúa cun novo gol, e as coruñesas tiveron algunha oportunidade logrando o 7-1 definitivo, nunha chuviosa tarde de xaneiro.

Con este resultado, o conxunto valdeorrés segue no segundo posto da clasificación, a oito puntos do líder.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button