DeportesFútbol salaRúa Valdeorras CFÚltima hora

O Rúa-Valdeorras CF regresa á competición goleando ao Atlético Ribadavia

Co 9-0 remataba o primeiro partido da tempada disputado no pavillón rues

 

Tralo prolongado parón provocado pola pandemia, as rapazas do Rúa-Valdeorras CF, o equipo de fútbol sala feminino da comarca valdeorresa, tiñan moitas ganas de volver á competición e así o demostraban na tarde deste sábado 13 de novembro, goleando en casa ao Atlético Ribadavia.

Para afrontar unha nova e ilusionante tempada na Primeira Autonómica, o equipo sénior preparábase a conciencia con moitas renovacións, pero tamén caras novas (xogadoras da Rúa, de Petín, do Barco,…), destacando a nivel técnico a figura do adestrador, Rosendo Durán e da delegada, Raquel Bautista, con semanas de adetramentos que hoxe daban os seus froitos.

 

 

O disputado no pavillón do Aguillón, foi un partido rápido e intenso no que as valdeorresas se adiantaban no marcador xa no minuto 3 co primeiro gol de María e a partires de aí, sucederíanse os goles locais, sen opción para o equipo ribadaviense. María marcaba noutra ocasión e tamén anotaban para o Rúa Sabela en dúas ocasións, Marta noutras dúas, Alba e Samanta con outros dous goles.

Con este estupendo resultado, as rapazas de Durán sitúanse xa na cabeza da clasificación, no segundo posto da liga, á espera do seguinte partido que as levará ata o pavillón e Xinzo de Limia.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button