DeportesFútbol salaÚltima hora

O Rúa Valdeorras F.S. cae na casa ante O Carballiño F.S. Gri B por 2 goles a 3

 

O pavillón polideportivo rues acollía no mediodía deste 9 de xaneiro entre o Rúa Valdeorras F.S. e O Carballiño F.S.-Gri Carballiño “B”, corresponde á xornada 5 da liga sénior feminina primeira autonómica-Ourense de fútbol sala, e que fora aprazado.

 

 

As visitantes inauguraban o marcador no minuto 12 cun gol de Almudena Maceda, xogadora que reforzaba a vantaxe carballinesa no minuto 19 cun novo tanto. Sen embargo, o conxunto rues reaccionaba con dous goles case seguidos da man de Marta Blanco Losada (minuto 30) e de Elba González Liñares (minuto 33), que igualaban o marcador a 2.

 

 

Aínda así, e malia que o conxunto valdeorrés, que adestra Durán, loitaba ata o final pola vitoria; Almudena Maceda sentenciaba o resultado cun terceiro e definitivo gol no minuto 47, que lle daba a vitoria ao equipo do Carballiño.

 

 

Nesta fin de semana, e máis en concreto na tarde do sábado, tamén estaba previsto un partido do Rúa Valdeorras F.S. dentro da Copa Deputación, neste caso co Ribeiro do Avia F.S. “B”, que foi aprazado.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button