DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Rúa-Valdeorras FC golea ao Touro SD

Co 8-0 logrado no Aguillón, o equipo de fútbol feminino ascende ata o 2º posto da clasificación

Moi moi contentas e satisfeitas polo traballo realizado, se amosaban as rapazas do Rúa-Valdeorras FC trala vitoria no campo do Aguillón ante o Touro SD. E non era para menos xa que na tarde do 4 de outubro o conxunto valdeorrés goleaba ás coruñesas que non tiveron opción.

A priori, o partido presentábase “axustado, o máis difícil ata o momento” segundo as propias xogadoras, pero tralo visto no campo, o Rúa mostrouse superior xa dende o comezo.

Paula adiantaba ao conxunto local no marcador e a partires de aí os goles non deixaban de entrar na portería visitante. Carlota, Carol en dúas ocasións, Paula en tres, Lucía e Marta, lograban o 8-0 final, demostrando que son un “auténtico equipo” e xogan como tal con bonitos pases que remataban a xogada en gol.

Con este resultado, a quinta vitoria consecutiva, o Rúa-Valdeorras FC ascende ata o segundo posto da clasificación, empatado a puntos co líder a seis goles de diferencia.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button