Pura emoción a vivida na tarde deste sábado 4 de xuño en Barbadás onde as rapazas do Rúa-Valdeorras C.F. conseguían a Copa Deputación de Fútbol Sala Feminino.
Tralo empate a 2 no partido de ida disputado no pavillón municipal da Rúa e a vitoria e a vitoria 2-3 en Arnoia na Queixeira ante o Atlético Arnoia, as rapazas do conxunto valdeorrés pasaban á final que disputaban hoxe ante o Cartelle.
O partido comezaba ás 17 horas no polideportivo municipal de Barbadás ata onde se desprazaban numerosos seareiros do conxunto valdeorrés que eran testemuños dos tres goles marcados polas amarelas. Abría o marcador Marta no minuto 18, Anxela poñía o 0-2 no 47′ e dous minutos despois Marta volvía marcar sentenciando o encontro co 0-3 final.
Esta copa é sen dúbida o premio por unha gran tempada. Noraboa rapazas!