DeportesFútbol salaRúa Valdeorras CFÚltima hora

O Rúa Valdeorras Futsal sela un tempada “espectacular”

 

Como “espectacular” define a capitana do Rúa Valdeorras CF, Sabela Pérez, a tempada que o conxunto valdeorrés de fútbol sala feminino selaba coa Copa Deputación tras vencer na final 0-3 ao Cartelle en Barbabás.

Baixo as ordes de Rosendo Durán comezaban o camiño da Copa enfrontándose na fase de eliminación contra Ribeiro do Avia, ao que superaban con goleada. En oitavos tocoulles un dos equipos máis complicados, Carballiño, ao que nunca lle gañaban. “Na ida gañóuselle cun resultado cómodo, pero na volta pasouse a semifinais cun resultado apertado”, puntualiza Sabela.

 

As rapazas do Rúa Valderras Futsal coa Copa na rotonda do Campogrande, na Rúa.

 

Na semifinal enfrontáronse ao equipo que gañou a liga, Arnoia. Na ida houbo un empate nun partido moi apertado e na volta “fixemos unha remontada épica”, dando a volta a un 2-0 en casa do rival, que ao final gañaron 2-3. Con ese resultado pasaba á final de Copa Deputación de Ourense contra Cartelle, ao que superaban sen dificultade.

Ante este logro e despois dunha gran tempada, a capitana só ten palabras de agradecemento “ás nenas por querer formar parte deste equipo e ao pedazo de afección que sempre estivo a nos apoiar nos mellores e sobre todo nos peores momentos”, di Sabela, detacando “o traballo do noso adestrador e da delegada que sempre están aí para todo, tanto dentro como fóra da pista”.

 

O equipo recén chegado de Barbadás, antes da Cea Popular en Petín./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Aínda que o equipo está formado por rapazas de diferentes idades “todas nos levamos moi ben, formamos unha pequena gran familia (como dicimos nós ‘somos unha piña’)”, conclúe prometendo para o vindeiro ano “máis e mellor”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button