DeportesÚltima hora

O rues Adrián Blanco e Borja Yribarren proclámanse campións galegos absolutos de pádel

A parella participou no campionato celebrado en Carballo (A Coruña)

Adrián Blanco e Borja Yribarren cos trofeos. /Foto: FGP.

 

As instalacións de Mi Club Pádel e 3D3 Pádel en Carballo (A Coruña) acollían esta fin de semana as finais do Campionato Galego de Pádel no que participaron máis de 150 parellas durante toda a semana. Entre elas a formada polo deportista rues Adrían Blanco Antelo e o seu comañeiro Borja Yribarren que se proclamaban campións galegos na categoría masculina absoluta. Na categoría feminina as vencedoras foron Silvia López e Vanesa Alonso

A final masculina disputouse a dous sets nos que Adrián e Borja impoñíanse a Hector Guisande e Ignacio Vilariño. Na feminina Silvia e Vanesa ganaron o seu partido en dous sets fronte a Carla e Sabela Barciela.

 

Os campións galegos de pádel nas diferentes categorías.  Adrián é o segundo pola dereita. /Foto: FGP.

Artigos relacionados

Back to top button