O rues Álvaro Rodríguez, ganador do IV Concurso de Fotografía “Olladas de Igualdade”

Neste certame, convocado polo Concello da Rúa, o segundo premio era para Óscar Emilio Barrera (Valencia) e o terceiro para Luis María Barrio (A Rioxa)

“Derrubar muros”, imaxe de Álvaro Rodríguez e que lograba o primeiro premio do certame.

Xa coñecen os nomes dos premiados no IV Concurso de Fotografía “Olladas de Igualdade”, convocado polo Concello da Rua. Nesta edición presentábanse nove traballos por parte de seis participantes.

O xurado escollía como mellor fotografía das presentadas ao certame a titulada “Derrubar muros” do rues Álvaro Rodríguez Pérez. O segundo premio concediáselle a “Igualdade no traballo” de Óscar Emilio Barrera Tévar (Valencia) e o terceiro a “Duro traballo· de Luis María Barrio Sanz de Logroño (A Rioxa).

 

Imaxe ganadora do segundo premio.

 

Fotografía que lograba o terceiro premio no concurso.

 

Fotos cedidas polo Concello da Rúa.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies