DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O rues Adrián Blanco e Javier Martínez vencen aos número 1 do mundo no torneo de pádel en Suecia

A parella disputará o partido de cuartos de final do Euro Finans Swedish Padel Open mañá ás 13h.

Non é a primeira vez que Adrián Blanco Antelo logra un bo resultado no World Pádel Tour, campionato internacional de pádel no que leva anos participando. De feito no 2017 recibía unha das homenaxes da Festa do Codillo, precisamente polo seu labor a prol deste deporte, pero desta volta, o deportista rues superábase a si mesmo, dando a sorpresa en oitavos de final do Euro Finans Swedish Padel Open, o torneo por parellas que se está celebrando en Bastad (Suecia).

O último turno da mañá do 27 de xuño, traía o debut da parella que lidera a clasificación mundial: Maxi Sánchez e Sanyo Gutiérrez que se enfrontaban a Adrián Blanco Antelo e Javier Martínez Vázquez (os números 46 e 47 do ranking do World Pádel Tour. Os verdugos dos últimos representantes suecos do torneo querían seguir facendo historia en Bastad e conseguíano aproveitando cada oportunidade que se lles presentaba adiantándose no marcador. Finalmente lograban empatar, sendo a “morte súbita” a que conformaba a gran sorpresa do torneo. Os número un quedaban eliminados e Blanco Antelo e Martínez Vázquez pasan a cuartos de final. O partido será mañá ás 13h.

 

Adrián Blanco Antelo en plena competición.

Artigos relacionados

Back to top button