PolíticaÚltima hora

O rues Avelino García repite como número 3 na lista do PP por Ourense ao Congreso

O comité de campaña do PP ourensán mantiña unha reunión para planificar os actos de precampaña

O presidente do PP de Ourense, cos candidatos ao Congreso e ao Senado pola provincia.

 

Coa vista posta nas eleccións do vindeiro 10 de novembro, o comité de campaña do Partido Popular de Ourense mantiña na tarde do 7 de outubro a súa primeira reunión de traballo para planificar o calendario de actos de precampaña, que se desenvolverá ata o próximo 31 de outubro, e que prevé unha intensa actividade ante a redución a oito días da campaña ás eleccións xerais para o 10 de novembro.

No encontro, o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, pediu aos populares ourensáns “enerxía e contundencia para seguir crecendo en apoio electoral, como ocorreu nas xerais de abril e nas municipais de maio, e converter a Ourense en exemplo fronte a un escenario político excepcional”.

Un dos piares desta precampaña, así como da propia campaña electoral, estará na cidade de Ourense, segundo anunciou a dirección provincial, polo que realizará un “esforzo extra” implicando aos candidatos ao Congreso e ao Senado e aos deputados autonómicos en todas as actividades previstas, ao tempo que membros do Comité de Campaña provincial tamén se integrarán no comité da cidade. Ata o próximo 9 de novembro os vinte membros do comité de campaña do Partido Popular de Ourense manterán reunións de continuo.

Á reunión desta tarde do comité de campaña asistiron tamén os candidatos do Partido Popular pola provincia de Ourense ao Congreso e ao Senado, logo da súa ratificación polo Comité Electoral Nacional, candidaturas que estarán integradas polas mesmas persoas que concurriron ás xerais do 28 de abril agás algúns cambios nas suplencias. Así, os candidatos son:

 

CONGRESO

1.- Ana Belén Vázquez Blanco
2.- Celso Luis Delgado Arce
3.- Avelino García Ferradal
4.- María Belén Gómez Quevedo
Suplentes
María Antonia Rilo Veiga
Manuel Prado López
Diana Sulleiro Lema
Sara Isabel Hermida Álvarez
José Ángel Sampayo Fernández

SENADO

1.- Miguel Ángel Viso Diéguez
2.- María del Carmen Leyte Coello
3.- Francisco José Fernández Pérez
Suplentes
1.- María Cristina Francisco Vílchez
Joaquín Bautista Prieto Rodríguez
2.- Susana Vázquez Dorado
José Luis Sousa López
3.- Rogelio Martínez González
Pilar Monserrat Caride González

 

 

Artigos relacionados

Back to top button