Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

O rues Iván Dosantos fai o tramo Ponferrada-A Rúa do Camiño de Inverno en 8 horas e 20 minutos

 

Reto superado con creces. Na xornada do domingo 24 de xaneiro, o membro do Club Atletismo Rúa Iván Dosantos lograba unha importante xesta: completar os 65 quilómetros do tramo do Camiño de Inverno entre Ponferrada e A Rúa nun tempo total de 8 horas e 20 minutos, escribindo así “unha das páxinas máis gloriosas do noso club”, asegura o presidente, Fernando Navarro.

 

Iván Dosantos durante o percorrido.

 

Segundo a presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Inverno por Valdeorras, Asunción Arias, trátase dun “desafío heróico que ninguén antes fixo”. Iván saía de Ponferrada ás sete da mañá e chegaba a Fontei ben entrada a tarde, onde era recibido, entre outros, por membros da asociación do Camiño de Inverno, entre eles Elvira Rodríguez Sotelo, presidenta da Asociación de Veciños de Fontei.

Artigos relacionados

Back to top button