CulturaCulturaÚltima hora

O rues Jesús G. Trincado dará un recital na terraza de “O 4”, na Rúa, este domingo 26 de setembro

O artista rues Jesús G. Trincado. /Foto cedida.

 

O vindeiro domingo 26 de setembro ás 19 horas, a terraza do bar “O 4” na Rúa acollerá un recital do polifacético artista rues Jesús González Trincado.

Nado en Vilela, González Trincado viviu en cidades como Toledo, Ourense, Madrid, Cantabria ou Asturias, recalando finalmente en La Rioja onde reside actualmente. E en todas deixou a súa impronta surrealista con obras pictóricas que abarcan dende a pintura ao óleo, acuarela, aguadas, guaches ou debuxo a plumilla, ata grabados e mesmo escultura (en madeira, bronce e barro).

Trincado tamén domina a arte das letras e na Rúa fará honra da súa faceta como poeta e escritor.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button