DeportesEn portadaÚltima hora

O rues José Vicente Solarat, ganador da Orden de Mérito 2018 de Augas Santas Balneario & Golf Resort

O premio seralle entregado nun acto que se celebrará no mes de marzo

Non hai moitos anos que comezou a practicar golf, pero está demostrando que non se lle dá nada mal. José Vicente Solarat López vén de proclamarse ganador da Orden de Mérito 2018, un circuíto organizado por Oca Augas Santas Balneario & Golf Resort nas súas instalacións en Pantón, no que participan uns 200 golfistas, todos socios do balneario.

Tal como explica o propio Solarat, leva participando tres anos e despois de quedar nos dous anteriores no segundo posto, á terceira foi a vencida e lograba desbancar a Eliseo Iglesias. Convertíase así no novo e flamante campión que lle permitirá vestir a chaqueta vermella e recibir un pau moi especial “ademais do pretixio e da satisfacción persoal que supón”, di este rues que se iniciou neste deporte no ano 2014. Trátase dun Mid Iron procedente de Escocia e fabricado polo clubmaker John Letters de Glasgow ao redor de 1925, con inscricións na cabeza ademais da súa marca MADE IN SCOTLAND/RUSTLESS.

No 2018, José Vicente participou en 19 das 22 probas do circuíto sumando un total de 572 puntos e o premio seralle entregado nun acto previsto para o mes de marzo.

Máis información na vindeira edición de O Sil Deportivo.

 

O Mid Iron procedente de Escocia que recibirá José Vicente Solarat.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button