CulturaCulturaÚltima hora

O rués Magín Blanco actuará no festival As Cores de Outono da Pobra do Brollón

Terá lugar o vindeiro 14 de setembro, e será a sexta edición que se celebre

 

Magín Blanco durante unha actuación. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

O rués Magín Blanco actuará na sexta edición do festival de música folk, As Cores de Outono, na Pobra do Brollón. Así, terá lugar o vindeiro 14 de setembro e o cartel presentouse no día de hoxe, na área recreativa de Samugueiros.

O festival celébrase en horario de tarde-noite e estará presentado polo actor e monologuista, Avelino González. Arrancará ás 19:30 cun espectáculo familiar, ‘Concerto singular’, unha comedia musical e xestual da compañía Píscore. A partir das 21:00 horas, comezarán as demais actuacións. O emblemático grupo galego Milladoiro e as Bouba Pandeireteiras, grupo que este ano representou a Galicia no Festival Interceltique de Lorient, compoñen o cartel xunto con Magín Blanco.

 

Durante a presentación da actividade.

 

O alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda, comentou ao respecto: “Este festival é un referente non só na provincia de Lugo, senón tamén en Galicia. É unha aposta que facemos para dinamizar economicamente o noso concello a través da cultura e o turismo; unha liña na que levamos traballando dende hai tempo e na que estamos inmersos na actualidade, por exemplo co ciclo de concertos Cos Pés na Terraza e o apoio ao proxecto do Castro de San Lourenzo.”

Artigos relacionados

Back to top button