CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O rues Magín Blanco e a Banda das Apertas, finalistas dos Premios Martín Códax da Música 2020

Foron seleccionados na categoría de Música Infantil

Magín Blanco e a Banda das Apertas nun actuación no TLO do Barco. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Do máis diverso foi o resultado das votacións do xurado profesional que elixiu ás tres mellores propostas en cada unha das categorías dos Premios Martín Códax da Música 2020. Un total de 51 proxectos entre os que está o do rues Magín Blanco e A Banda da Apertas, na modalidade de Música Infantil.

Con este proxecto, no que participan o propio Magín Blanco, María Faltri, Jorge Juncal, Jerry Noia e Suso Rodríguez (tamén da Rúa), o cantautor valdeorrés persenta un espectáculo no que a súa música, especialmente a incluída nas aventuras de A nena e o grilo, conviven con outras coñecidas cancións da música contemporánea, facendo partícipes aos máis pequenos.

Nesta edición, os Premios Martín Códax obtiveron o seu maior nivel de participación cun total de 581 proxectos inscritos, un 30% máis respecto ao ano pasado. Un panorama “máis que satisfactorio” para a organización dos mesmos, pois reflicte a “calidade e a cantidade dos proxectos musicais que temos en Galicia, poñendo de manifesto o gran talento dos e das artistas galegos/as, dos/as xa consagrados/as e dos/as que chegan pisando forte”, din.

Entre o 20 de abril e o 3 de maio realizarase a segunda rolda de votacións online na que as socias e socios de MAV poderán decidir os proxectos premiados, tal como estaba marcado no calendario inicial.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close