CulturaCulturaEducaciónMúsicaÚltima hora

O rues Magín Blanco pon música ao libro ilustrado “O tempo meteorolóxico”

Este título forma parte do proxecto didáctico que A Mesa pola Normalización Lingüística adica á educación infantil proporcionando materiais en galego para nenos de 0 a 6 anos
Ilustración de “O tempo meteorolóxico”.

A Mesa pola Normalización Lingüística vén de estrear “O tempo meteorolóxico”, o videclip realizado polo ilustrador Miguel Robledo a partir da canción do rues Magín Blanco para acompañar o libro ilustrado homónimo que axuda aoa máis pequenos a identificar os fenómenos meteorolóxicos e o seu nome en galego.

Este título forma parte xunto con “O abecedario”, “As aves” e “Os peixes e outra fauna mariña” do proxecto didáctico que A Mesa adica á educación infantil, “proporcionando materiais en galego para nenas e nenos de 0 a 6 anos co obxectivo de potenciar o uso de vocabulario na nosa lingua nesta etapa”, explican dende esta entidade.

Magín Blanco, un dos máis coñecidos creadores de propostas musicais e escénicas para público familiar no panorama actual galego, ponlle música e voz ás cancións que acompañan todos os títulos da colección que A Mesa adica á educación infantil, coas cancións O abecedario, Voa paxariño, Peixiños do mar e con este O tempo meteorolóxico.

“A Mesa quere contribuír con esta liña de publicacións a suplir a escaseza de materiais didácticos en galego para a etapa de 3 a 6 anos, fronte á grande cantidade de recursos existentes en castelán e en inglés”, explican dende esta entidade.

O video pode verse en:
https://www.youtube.com/watch?v=Ag1blAq35Pg

Artigos relacionados

Back to top button