Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

O sábado 24 de abril abriranse as inscricións para participar no Gran Premio de Montaña 2021 da Rúa

A 5ª edición desta proba, organizada polo Club Atletismo Rúa, está prevista para o 3 de outubro deste 2021

Panorámica da Rúa. /Foto: Facebook GPM.

 

Con máis forza que nunca arranca o Club Atletismo Rúa a organización da súa proba estrela: o Gran Premio de Montaña e Andaina Galitiming.

Tras un ano marcado pola pandemia de coronavirus que finalmente obrigaba a suspender a edición de 2020, esperan poder celebrar a deste 2021, a 5ª, o vindeiro 3 de outubro. Con esa idea comezaron xa a traballar, preparando novos percorridos que darán a coñecer proximamente e introducindo novas probas. Así, ademais o trail, do minitrail e da andaina, este ano incorporan unha maratón de +3200.

As inscricións, para un máximo de 200 persoas, abriranse o vindeiro sábado 24 de abril ás 21horas en http://www.galitiming.com

 

Artigos relacionados

Back to top button