DeportesFútbol salaSala OurenseÚltima hora

O Sala Ourense dá negativo nas probas PCR realizadas antes de retomar os adestramentos

 

Aínda non hai data para o comezo de tempada na 2ª B de fútbol sala pero no primeiro equipo do Sala Ourense están preparados.

Como paso previo ao atípico inicio de tempada marcada polo coronavirus, tanto xogadores como integrantes do corpo técnico que encabeza Kike García sometíanse este mércores 16 de setembro aos test PCR de Covid-19 no Centro Médico El Carmen, un dos principais patrocinadores do equipo ourensán.

Tras coñecer o resultado negativo das probas realizadas, dende o Sala Ourense avanzan que o primeiro equipo volverá aos adestramentos na vindeira semana, co obxectivo de “chegar á nova tempada en óptimas condicións e volver desfrutar do fútbol sala e da competición tralo longo parón provocado pola pandemia”.

 

Artigos relacionados

Back to top button