DeportesFútbol salaSala OurenseÚltima hora

O Sala Ourense renova a David Bermejo

O equipo dá por pechados os movementos de xogadores na primeira plantilla

O xogador carballinés, David González Bermejo, renova por unha cuarta tempada no Sala Ourense. Con esta, o club da por pechadas as renovacións do primeiro equipo, “mantendo o bloque que fixo conquistar a quinta plaza na liga da última tempada e a histórica clasificación para a Copa do Rey”.

 

 

Por outra banda, dende o club ourensán afirman que non haberá movementos nas fichaxes “salvo que apareza algo que marque a diferenza”. Apostarán polos xogadores do filial para completar a plantilla “cando sexa necesario”.

Artigos relacionados

Back to top button