Galerías de fotosOurenseÚltima hora

O Salón do Automóbil Novo abre as portas con máis de 300 coches en Expourense

Na feira, aberta durante toda a fin de semana, participan 17 empresas cos últimos modelos de 33 marcas

Presentando en primicia distintos modelos, ofrecendo as últimas novidades con descontos especiais e con máis de 300 vehículos expostos valorados en total en máis de 5 millóns de euros, abría as portas ao público o 8º Salón do Automóbil Novo contando coa participación de 17 empresas que presentan os últimos modelos de 33 marcas.

A feira, organizado de forma conxunta por Expourense e A.C.A.U.TO. era inaugurado esta mañá nun acto que contou coa asistencia do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o presidente do comité executivo de Expourense, Juan Carlos Parada; e o director territorial de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra.

Como incentivo para animar aos visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización volverá sortear entre os visitantes que pechen a compra dun autómobil novo ou de ocasión, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do precio de compra do vehículo adquirido.

O obxectivo destas citas é presentar no recinto feiral unha oferta completa e atractiva, que cubra todas as gamas e modelos de vehículos para adaptarse ás necesidades e preferencias dos visitantes que poderán consultar nun mesmo espazo e de forma axeitada toda a oferta existente no mercado ourensán. Por primeira vez contarase ademais cun servizo de ludoteca.

O horario desta edición do Salón do Automóbil será de 10 a 20:30 o sábado e de 11 a 20 horas o domingo. Hoxe estará aberto ata as 20.30 h. O prezo da entrada son 3 euros (menores de ata 12 anos entrada gratuíta).

A vindeira fin de semana celebrarase o 8º Salón do Automóbil de Ocasión.

Artigos relacionados

Back to top button