OurenseSen categorizarÚltima hora

O Salón de Prevención e Seguridade Laboral promove as empresas saudables na súa undécima edición

A cita celébrase en Expourense os vindeiros días 13 e 14
Un momento da presentación do evento, esta mañá, en Expourense
Un momento da presentación do evento, esta mañá, en Expourense

O pavillón de Expourense acollerá os vindeiros días 13 e 14 de abril unha nova edición de Previsel, o Salón da Prevención e Seguridade Laboral, que este ano oferta máis de 40 actividades co obxectivo de promover as empresas saudables, a raíz das últimas cifras de siniestralidade laboral en Galicia. A cita cumpre este ano a súa undécima edición e foi presentada esta mañá polo vicepresidente da Confederación Empresarial de Ourense, José Manuel Díaz. Abrirá as súas portas ao público o mércores de 10.00 a 14.00 horas, e de 16.30 a 19.30 horas e o xoves de 10.00 a 14.00 horas.

A programación recolle máis de 40 actividades entre as que haberá conferencias e obradoiros especializados dirixidos a determinados colectivos como o personal sanitario, os mergulladores ou os traballadores dos balnearios. E é que Previsel nace co gallo de fomentar a cultura preventiva entre os profesionais e a sociedade en xeral. Por outra banda, o Salón da Prevención e Seguridade Laboral tamén se convirte no espazo elixido por distintas entidades para impartir formación nesta área.

O vicepresidente da Confederación Empresarial de Ourense, José Manuel Díaz, foi o encargado de dar a coñecer as novidades da nova edición de Previsel e fíxoo acompañado do director do Centro ISSGA de Ourense, Ángel López, o Presidente da Asociación de Técnicos de Emerxencias Sanitarias e Xestores de Emerxencias de Galicia, José Antonio Bello, e a directora adxunta de Expourense, Emma González.

O Salón contará coa participación de 41 expositores de todo Galicia que orientarán a cita cara dúas áreas especializadas: exposición e xornadas técnicas. Como novidade nesta edición tamén se levarán a cabo cursos de capacitación profesional, que permitirán que os traballadores de diferentes sectores poidan obter un certificado que acredite a súa formación. Asimesmo, haberá seminarios específicos e conferencias sobre o emprego de drons no ámbito da seguridad e o control de ricos ou mesas redondas na que se abordarán temas de interese xeral como as incapacidades temporalis.

A participación nas xornadas técnicas é gratuita pero requírese a previa inscripción. Os interesados poden facer este trámite a través da web www.previsel.com ou no teléfono 988 366 030. Estas actividades contan co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria e entregaras e certificado de asistencia.

Por último, dende a organización do Salón indican que aqueles visitantes que se acheguen en tren ata Ourense para participar nas actividades de Previsel terán un descontó dun 35% en todas as liñas de Renfe.

Artigos relacionados

Back to top button