En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O Salón de Produtos Tradicionais abre as portas á beira do río, no Barco

Preto dunha vintena de postos participan nesta I edición da mostra que permanecerá aberta toda a fin de semana

Viños, conservas, mel, bicas, aceite, queixos e artigos tradicioanais de produtores de Galicia e Norte de Portugal (ademais da Patrulla Felina O Barco que tamén ten un posto). De todo isto poderán probar e mercar os veciños e visitantes que nesta fin de semana se acheguen ata a praia fluvial do Malecón, no Barco de Valdeorras.

Alí abría as portas, na mañá do 7 de setembro, a I edición do Salón de Produtos Tradicionais organizado polo Concello en colaboración co Eixo Atlántico, no que participan 17 produtores e vendedores. A inauguración corría por conta do alcalde do Barco Alfredo García quen, despois de á benvida aos asistentes a un lugar “espléndido”, daba as grazas aos produtores e artesáns presentes “polo seu traballo ao longo do ano que fai posible a elaboración deses produtos de excelencia que só se poden mercar en tendas especializadas ou en salóns gastronómicos como este que abre hoxe as portas no Barco”. Tralas palabras na entrada do recinto, acompañado polas concelleiras de Cultura Margarida Pizcueta e Comercio Irene Dacal, o alcalde percorría os diferentes postos.

 

Entre os postos de gastronomía está o de Bicas Raigada.

 

A feira permanecerá aberta toda a fin de semana con música, teatro de rúa e un restaurante ambulante no que se poderá comer e cear, como actividades complementarias. Unha delas é a “Musicleta” un pasarrúas con Pulpiño Viascón e o Señor Lili que animaron a mañá na feira, tanto polo paseo do Malecón como pola praia fluvial.

O horario de apertura, tanto hoxe sábado como mañá domingo, é de 11 a 14 e de 18 a 22 horas e entre os participantes están Adega Roandi, Licores Barbudos, Valdeorras é Viño (tenda), Cooperativa Amarelante, Bicas Raigada e Caurelor.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button