ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O Samaín chega á Biblioteca Municipal do Barco

Con doces e libros celebrarase o vindeiro Samaín na Biblioteca Municipal Florencio Delgado Gurriarán do Barco. Dende hai uns días estas instalacións públicas barquenses, situadas na rúa Academia Dequitd, están decorados con motivos característicos desta celebración como é o caso das cabazas, pero tamén con moricegos e figuriñas de bruxas. Na entrada pode verse asemade unha exposición de diversos libros de temática fantástica.

Ademais na mañá do vindeiro 31 de outubro os nenos que se achegan pola biblioteca (que terá un horario de 10h. a 13h.) serán agasallados con caramelos e libros.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button