En portadaÚltima hora

O San Xil Casaio Andaina & Trail reúne a 150 participantes nas súas 4 probas

O mellor resultado do trail longo lográbao Tomás Díaz, en segundo lugar quedaba Abel Franco e de terceiro Héctor Granado

Publicidade

 

Unhas 150 persoas tomaban a saída esta mañá dende a praza de Casaio no San Xil Casaio Trail e Andaina, que se retomaba despois de que a súa primeira edición se vise truncada pola pandemia, hai dous anos.

Esta cita, promovida pola Comunidade de Monte Veciñal en Man Común da Serra de Casaio e Lardeira (Carballeda de Valdeorras) e por Rutas Xanzá, contaba con ata catro modalidades diferentes: dúas andainas (unha curta duns 15 km) e outra longa duns 20 km) e tamén dous trails (un curto e outro longo). A saída das andainas, as probas que rexistraban unha maio participación, e do trail longo dábanse ás 9:30h, sendo a do trail curto media hora despois.

 

 

No caso do trail longo cuns 23 km (cun desnivel de +1.300 m), o primeiro en completar o percorrido era o sénior Tomás Díaz, cun tempo de 02:30:04, que corría a un rito de 06:32 min/km. O segundo e o terceiro séniors era Abel Franco (Running Sport Trail) e Héctor Granado (Bierzotododeporte), respectivamente. No relativo á categoría máster, o ganador era Alfredo Núñez, en segundo lugar clasificábase Tequila García (Team Logi Trail) e no terceiro o barquense José Manuel López (Peña Trevinca). Os mellores resultados femininos viñan da man de Cristina Rodríguez (Running Sport Trail), primeira sénior, e de Chelo Pérez en máster.

 

 

Xa no trail curto duns 15 km (+850 metros), o primeiro corredor en chegar a meta era o máster José Antonio Cordero, cun rexistro de 02:00:31, seguido de Raúl Barbeito (sénior) e de Fernando Prada, tamén máster. O podio sénior completábase con Onofre Arias, segundo, e Pablo Rodríguez, terceiro. E o máster con Carlos García, que se situaba terceiro na súa categoría. En categoría feminina, impoñíase a sénior María Álvarez, sendo segunda Emina Kobiljar e terceira Lucía Álvarez.

 

 

Os trazados de cada unha destas probas discorrían por sendeiros de terra, xa que a intención dos promotores era “poñer en valor o contraste entre as escombreiras de louxa e a natureza da zona, cunha paisaxe espectacular polo río San Xil”, tal e como adiantan. Ademais estes trazados discorren na súa totalidade polo pobo e polos montes de Casaio e de Lardeira.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button