ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O Santo Cristo da Misericordia sae en procesión polas rúas de Trives

A festa continúa pola tarde coas actuacións da Coraliña Cantora, da Banda de Celanova, do grupo Days Gone e da orquestra América

 

A Pobra de Trives está en festas e como cada 14 de setembro, no mediodía de hoxe a imaxe do Santo Cristo da Misericordia percorría as rúas da Pobra de Trives nun dos actos máis esperados polos devotos, no que tamén sacan a imaxe da Virxe. O apartado musical correu por conta da Banda de Música de Celanova e a misa estivo oficiada por catro sacerdotes, entre eles o párroco Pedro Núñez.

Xa pola tarde haberá dous concertos na praza do Pilón: un da Coraliña Cantora ás 17:30h. e outro da Banda da Celanova ás 19h. Ás 21h. na rúa San Martín actuará o grupo Days Gone e xa de noite ás 22:15h. a orquestra América de Vigo amenizará o baile.

 

Un dos momentos da procesión coa imaxe do Cristo da Misericordia.

 

Mañá, domingo 15 de setembro, tocaralle o turno á Virxe das Dores, a outra imaxe relixiosa de referencia na capital da comarca trivesa. A xornada comezará cun pasarrúas a cargo da Banda Municipal de Música de Ramirás e ás 12:30h. celebrarase a misa, cantada polo Orfeón Trivés, seguida da procesión da Dolorosa. Pola tarde, a banda de Ramirás dará un concerto na praza do Pilón (19h.) e o grupo Arizona porá o broche á festa coa actuación a partir das 21:30h. na rúa San Martín.

 

Algunhas devotas, completan o percorrido da procesión descalzas.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button