OurenseÚltima hora

O Santuario dos Milagros únese ao proxecto mundial da alfombra do Xacobeo

 

Máis de 300 localizacións distintas ao longo dos cinco continentes únense ao proxecto “Alfombra Mundial” con motivo do Xacobeo 21/22 no que todos os alfombristas rexistrados elaboraron nun lugar emblemático, de cada unha das súas localidades unha alfombra propia, o 25 de xullo.

 

 

A alfombra está adicada ao Camiño de Santiago, cun deseño común aínda que cada colectivo alfombrista realizouno seguindo a súa propia técnica e estilo. Utilizando os materiais que prefira  crearon ese tapiz efémero do tamaño que queira, engadindo o nome da localidade que a realiza e unha frecha amarela coa distancia en quilómetros a Santiago.

 

 

O Santuario Nosa Señora dos Milagres, en Baños de Molgas uniuse a esta fermosa iniciativa elaborando esta alfombra, que permanecerá plantada mentras manteña as súas condicións.

Máis información e fotos: www.santuariomilagros.com

Fotos: José Juan Pérez Ramos.

Artigos relacionados

Back to top button