EconomíaEconomíaÚltima hora

O sector comercial barquense súmase á campaña “Días Azuis”

As persoas que merquen no comercio de proximidade galego do 7 ao 30 de xuño poderán participar no sorteo de 64 tarxetas prepago de 150 e 250 euros para comprar novamente nestes establecementos

Presentación da campaña “Días Azuis do comercio galego” en Santiago.

 

Entre os establecementos comerciais que participarán na nova edición da campaña “Días Azuis”, que se celebrará do 7 ao 30 de xuño, estarán boa parte dos do Barco Centro Comercial Aberto (CCA). Esta iniciativa, que aposta por dinamizar o comercio de proximidade, vén de presentarse esta mañá en Santiago nun acto no que participaban representantes da Federación Galega de Comercio, Xunta de Galicia e Abanca, promotores da campaña.

Na presentación interviña o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, que destacou que durante estas semanas o obxectivo da campaña é visibilizar os establecementos que están a pé de rúa e dinamizar o comercio de proximidade, máis despois dun ano difícil provocado pola chegada do Covid-19. Neste sentido, animou aos galegos a comprar e apoiar a actividade deste tipo de locais ao longo de todo o ano.

Os clientes dos comercios que realicen as súas compras entre estas dúas datas deberán rexistrar o seu tícket en www.diasazuis.com, ou ben solicitar que a rexistre o propio comerciante.

Entre todos os participantes sortearanse un total de 12.000 euros en 64 tarxetas prepago: 24 de 250 euros e 40 de 150 euros, que deberán ser utilizadas polos gañadores nos establecementos tradicionais galegos antes do 30 de xuño do próximo ano. O sorteo, ante notario, realizarase o vindeiro 5 de xullo.

A iniciativa enmárcase no Plan de medidas específicas de apoio ao comercio de Galicia que a Xunta está a desenvolver para facilitar a dixitalización do sector e incentivar o consumo. É o caso do Bono Activa Comercio, que ofrece 30 euros de desconto para compras en establecementos locais, podendo chegar a 330.000 clientes en toda Galicia.

 

Artigos relacionados

Back to top button