EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

O sector da lousa coñece as novidades da futura Lei de reactivación económica de Galicia

Publicidade
A directora xeral de Planificación Enerxética, durante a reunión.

 

Neste xoves 14 de xaneiro a directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, celebraba unha reunión telemática con representantes do sector mineiro galego para avaliar as novidades que vai supoñer a futura Lei de reactivación económica de Galicia.

No encontro participaban representantes do Clúster da Pizarra de Galicia, de Arigal, do Clúster do Granito, do Colexio Oficial de Geólogos de Galicia, das asociacións de Balnearios de Galicia e da provincial de graniteiros de Ourense, da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, da Cámara Mineira, dos Colexios Oficiais de Ingenieros de Minas Noroeste e de Enxeñeiros técnicos e grados en minas e enerxía de Galicia.

 

 

No seu decurso expoñíanse os obxectivos da futura lei que o sector acolle como unha iniciativa positiva para o desenvolvemento da actividade mineira na Comunidade. A directora xeral explicaba que esta normativa ten como principal obxectivo “converter á nosa Comunidade nun bo lugar para investir, a través dunha tramitación administrativa máis áxil que, á vez, achegue as máximas garantías xurídicas, urbanísticas e medioambientais”.

Estímase que o prazo de tramitación dun proxecto se reducirá nun terzo do tempo actual. Deste xeito, “acádase o obxectivo de ser unha administración máis áxil, moderna e que responde mellor aos retos que se enfronta Galicia”, segundo Economía.

Artigos relacionados

Back to top button