EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O sector vitivinícola de AEVA pedirá aos concellos ampliar o límite de mesas por terraza das ordenanzas

Así se acordaba nunha reunión na que tamén se decidía iniciar a búsqueda de financiación para a realización dun Directorio de adegas Valdeorresas, que se aloxaría na páxina web de AEVA

Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende o sector vitivinícola da Asoaciación Empresarial de Valdeorras (AEVA) trasladarase aos concellos da comarca que se autorice incrementar o número de mesas que permite a correspondente ordenanza municipal de terrazas “para evitar que, as limitacións que se impoñen na fase 1do Plan para a transición cara unha nova normalidade, sexan o menos gravosas posibles para este sector”.

Así o acordaba o sector vitinícola da organización empresarial nunha xuntanza celebrada esta tarde a través de videoconferencia. Con esta medida pretense amosarse o apoio ao sector da hostalaría e, ao mesmo tempo, “favorecer o cumprimento das medidas restritivas da fase 1 e sucesivas”.

Tamén se abordaba o tema da comercialización dos viños de Valdeorras e incidíase na necesidade de enfocar os esforzos de venda ao canal de alimentación e á venda directa que implica, á súa vez o aumento da venta online.

Neste senso acordouse trasladar “á administración a necesidade de habilitar axudas dirixidas á posta ao día de todas estas novas ferramentas que axuden a mellorar o funcionamiento das tendas online, así como fomentar e buscar vías de financiación para a construción de Directorios de adegas, ubicados nas webs de asociacións e outras organizacións do sector, que poidan servir como ferramenta de divulgación das tendas online das adegas e/ou dos seus datos de contacto, para o caso das que non dispoñan actualmente de tenda online”, segundo informa AEVA.

Finalmente, no encontro decidíase iniciar a búsqueda de financiación para a realización dun Directorio de adegas Valdeorresas, que se aloxaría na páxina web de AEVA, co enlace ás páxinas e/ou tendas online de cada adega.

Artigos relacionados

Back to top button