En portadaSanidadeÚltima hora

Catro novos contaxios por Covid-19 na provincia de Ourense

Todos os pacientes pertencen ao concello de Beariz e teñen nexo familiar

O seguemento dos contactos dun caso importado de Covid-19, unha moza procedente de México que permanece ingresada no Hospital Universitario de Ourense, por unha patoloxía non relacionada co virus, deu lugar á detección de tres casos mais, confirmados por PCR. No concello de Beariz, dous deles tamén importados e con nexo familiar con esta, permanecen en illamento e seguemento domiciliario.

 

Entrada ao Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

“Ante os novos contaxios estase a ampliar o círculo de contactos, co obxectivo de limitar o risco de novas infeccións, e tomando as medidas preventivas indicadas nos protocolos aplicables nesta situación” explican dende o Sergas.

Unha vez mais, desde a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras instase a poboación a manter a vixilancia e seguir cumprindo as instrucións das autoridades sanitarias: Hixiene de mans frecuente, emprego de máscara e distancia de seguridade. Ademais, “ante calquera síntoma compatible coa infección, como tose, febre, cansazo…, quedar na casa e evitar o contacto con outras persoas, ata recibir instrucións desde os seus centros de saúde ou PAC. Asemade, ante calquera dúbida poden informarse chamando ao teléfono 900 400 116”.

Artigos relacionados

Back to top button