CulturaCulturaÚltima hora

“O sendeiro dos avós” de Manuel Juan Otero, ganadora do XI concurso fotográfico Manuel Blanco Pascual

Nesta edición presentáronse 42 fotografías sobre o patrimonio natural de Valdeorras
“O sendeiro dos avós”, ganadora do 1º premio do concurso fotográfico Manuel Blanco Pascual.

Un total de 14 persoas participaron na XI edición do concurso fotográfico Manuel Blanco Pascual, convocado polo Instituto de Estudos Valdeorreses. Baixo o lema “Patrimonio Natural de Valdeorras, unha aproximación á defensa da natureza”, o certame recibíu 42 fotografías “a maioría de excelente calidade, que recollen a riqueza forestal, paisaxística e fluvial de Valdeorras”, asegura o presidente do IEV, Aurelio Blanco, engadindo que algunhas representan árbores centenarias que non foron incluídas no catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta “e que nos serrvirán para solicitar a súa inclusión”.

O primeiro premio, dotado con 200 euros e placa é para a fotografía titulada “O sendeiro dos avós”, de Manuel Juan Otero Pérez. O 2º premio é para “Aciñeira de Cobas, Serra da Enciña da Lastra” de Margarita Rodríguez Blanco (150 € e placa); e o 3º para “Aciñeira Centenaria”, de Jorge Vidal Pacios (100 € e placa).

O xurado decidía ademais crear seis accésit “dada a calidade dos traballos presentados” dotados con 50 euros e Concha de Santiago, que son para: Arsenio Blanco Gayoso, Susana Fernández Fernández, Álvaro Rodríguez Pérez, Adolfo Fernández Docasar, Luis Prada Ferrer e María Elina Blanco Gayoso.

A exposición con todas as imaxes instalarase no Casino do Barco, a partires do 30 de novembro, e alí, fóra de concurso, o IEV presentará fotografias de árbores “que ao noso xuízo non deberan ter sido talados, cun lema similar a “plántanos, cóidanos, pero no nos mates”, como dirixido pola árbore ao home”, explica Blanco Trincado.

Artigos relacionados

Back to top button