EconomíaEconomía

O Seprona investiga a un veciño de Montederramo por un presunto delito de maltrato e abandono de animais

Os axentes do Seprona da Garda Civil da Pobra de Trives procedían o 1 de abril a inspeccionar as instalacións dunha explotación de gando vacún, onde constataban “graves deficiencias hixiénico-sanitarias, estando os animais con esterco ata os xeonllos así como o mal estado de carnes dos animais (estrema delgadez) por non recibir alimentación adecuada, téndose producido un total de 12 mortes na explotación dende principios de ano”, segundo a información feita pública pola Comandancia da Garda Civil de Ourense.

O Seprona tamén comprobaba que “un can tiña unha ferida aberta e infectada na pata traseira esquerda, producida por atropelo de vehículo, sen que por parte do propietario se tivese dispensado o mínimo tratamento da mesma nin a dar aviso ao veterinario”.

Os axentes procederon a tomar declaración en calidade de investigado ao titular da explotación como presunto autor dun delito de maltrato e abandono de animais. Ademais instruíronse dilixencias entregadas no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de A Pobra de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button