SanidadeÚltima hora

O Sergas asegura que o Centro de Saúde de Viana traballa “a pleno rendemento”

Nel detectábase a pasada fin de semana o positivo en Covid dun facultativo e hai persoal médico e de enfermería en corentena

Centro de Saúde de Viana do Bolo.

 

Dende a Consellería de Sanidade vén de sinalarse que o Centro de Saúde de Viana do Bolo “está a traballar a pleno rendemento coa cobertura ao 100% das prazas de enfermería e reforzouse a Área Médica desde o servizo do Barco de Valdeorras”. Sanidade fai estas declaracións despois de que a pasada fin de semana se fixera público o positivo en Covid dun profesional facultativo do Centro de Saúde vianés, “de baixa e en illamento”.

Ademais, derivado do seguimento dos seus contactos, indicouse “corentena preventiva a profesional médico e dous de enfermería”. A consellería indica que, “pese á difícil situación e á extraordinaria demanda de persoal sanitario nestes momentos para facer fronte á pandemia e á necesaria cobertura asistencial dos 106 centros e 14 PACS da área Sanitaria; estase a traballar a pleno rendemento” neste centro de saúde.

Artigos relacionados

Back to top button
Close