SanidadeÚltima hora

O Sergas formalizará a contratación de dous pediatras para Verín na vindeira semana

Publicidade
Guillermina Agulla, directora do Distrito Sanitario de Verín./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A xerente do Hospital de Verín, Guillermina Agulla, vén de confirmar neste sábado 18 de xaneiro que está previsto que a vindeira semana se poida formalizar a contratación de dous pediatras para a atención aos recén nados, algo que permitirá a reapertura do paritorio nos primeiros días de febreiro.

Por outra banda, Agulla asegura que o Sergas traballa ademais na redacción do protocolo dos servizos hospitalarios implicados que “permita retomar a atención aos partos en Verín, coa seguridade e garantías imprescindibles para as nais e os nenos, nos primeiros días do vindeiro mes de febreiro”.

A xerente de Verín resaltaba estes avances cos que se “amosa o compromiso do Sergas co Hospital de Verín, así como a súa aposta por desenvolver as propostas e proxectos necesarios para reforzar e mellorar a atención sanitaria que desde o Hospital Público de Verín se ven prestando á poboación da comarca de Monterrei”.

 

Artigos relacionados

Back to top button