SanidadeÚltima horaVídeos

O Sergas en Ourense emite un vídeo en homenaxe ao persoal do Hospital Público de Valdeorras

A homenaxe tamén é para os profesionais dos centros de Atención Primaria da comarca

 

Hai uns días dende o departamento de comunicación do Sergas en Ourense, emitían un vídeo convidando aos cidadáns a “Quedar na casa”. Hoxe, sábado 21 de marzo, o día no que comunicaban oficialmente “o primeiro caso dun paciente positivo a COVID-19 ingresado no Hospital Público de Valdeorras”, emitiron outro vídeo “en homenaxe aos grandes profesionais deste hospital e dos centros de Atención Primaria desta bisbarra”.

Dende o Sergas en Ourense aseguran que “estamos en boas mans fronte a esta pandemia de coronavirus” e a mellor forma de axudar aos profesionais sanitarios é quedando #NaCasa.

O vídeo pódese ver no seguinte enlace: https://www.facebook.com/1563474013947110/posts/2293884047572766/?vh=e&d=n

Artigos relacionados

Back to top button