OurenseÚltima hora

O Servizo de Extinción de Incendios de Ourense recibirá material por importe de 560.000 euros

Os bombeiros disporán dun novo camión motobomba, dun novo furgón con remolque e de novos equipos de busca e rescate

Foto: Facebook Bombeiros de Ourense.

 

O Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento do Concello de Ourense mellorará as súas dotacións coa adquisición de equipos de rescate e de dous vehículos de última xeración, grazas á adxudicación de 559.219,25 euros, probada esta mañá na xunta de goberno.

Así, os bombeiros de Ourense contarán cun vehículo bomba forestal para atender as necesidades de seguridade en incendios forestais. É todo terreo, de transmisión 4×4, cunha estrutura e chasis reforzado, e cunhas características técnicas de suspensión, dirección, rodas, etc. que garante unha marcha segura en calquera tipo de terreo. Entre outras características, o vehículo ten unha potencia de 250 CV e un caudal de auga de 4.600 litros por minuto. Adxudícase por importe de 293.969,50 euros.

A segunda das adquisicións é un vehículo furgón con remolque, por importe de 154.624,85 euros. Estará destinado a tarefas de apoio en diversos tipos de intervención de emerxencia. Vai equipado con remolque, con material NRBQ para intervención en accidentes con mercadoría perigosa con risco nuclear, radiolóxico, bacteriolóxico e químico. Este vehículo suplirá o actual furgón, que conta cunha antigüidade de 24 anos, e que conta con importantes carencias, necesarias para a súa operatividade.

Por último, adxudicouse a subministración dun equipo de rescate hidráulico con accesorios para a extracción e dun equipo de busca, ambos por un total de 110.624,90 euros. Unha importante ferramenta para intervir en accidentes de tráfico ou apertura de portas. Ademais disporá dun equipo de cámaras para busca de persoas atrapadas en sinistros de derrubes de estruturas. Con esta adxudicación o corpo de bombeiros disporá dun equipo formado por cámaras de visión, cámara térmica, sensores de movemento, unidade de control e pértega.

Artigos relacionados

Back to top button