En portadaSanidade

O Servizo de Neumoloxía do HU da Princesa, que dirixe o trivés Julio Ancochea, realiza as 4 primeiras broncoscopias na UCI de Ifema en Madrid

Esta técnica practicábaselle o venres 17 de abril a pacientes críticos COVID (+) ingresados na citada UCI

 

O Servizo de Neumoloxía do Hospital U. da Princesa de Madrid, que dirixe o trivés Julio Ancochea, vén de realizar onte venres, 17 de abril, as catro primeiras broncoscopias en paciente críticos COVID (+) ingresados na UCI de IFEMA.

“A broncoscopia é unha técnica que utilizamos os neumólogos de forma habitual que permite visualizar as vías aéreas e que pode ser utilizada con fins diagnósticos ou terapéuticos. Nestes pacientes COVID (+) con neumonía bilateral e insuficiencia respiratoria refractaria que require ventilación mecánica, a exploración resulta máis complexa ao estar o enfermo en posición de decúbito prono (boca abaixo e cabeza de lado). Utilizamos broncoscopios desbotables que nos permiten aspirar o contido da árbore bronquial, tanto para eliminar secrecións ou sangue dentro dos bronquios, o que mellora a situación respiratoria do paciente, como para analizar a presenza de xérmenes e elementos celulares”, explica o doutor Julio Ancochea.

Na fotografía superior (cedida) pode verse a primeira fubrobroncoscopia realizada polos doutores Pedro Landete e Ana Sánchez/ Azofra, neumólogos do HU da Princesa. Ademais do doutor Julio Ancochea (oa fondo á dereita), na imaxe tamén aparecen Borja Ruiz Mateos e Aida Suárez Barrientos (ambos cardiólogos), xunto a Carolina Tormo (anestesista do HU Niño Jesús), o ciruxarno torácico Diego Murillo e algúns membros do equipo de enfermería que presta os seus servizos na citada Unidade.

Artigos relacionados

Back to top button