ConcellosÚltima hora

O “shopping” e a “street food” combínanse esta fin de semana en Barbadás

O Concello organiza a “Noite Moucha de Barbadás” e o “Barbadás Street Food” nas que haberá descontos especiais, sorteos, música, comida e moita diversión
Un total de 26 establecementos únense á Noite Moucha.

Barbadás prepárase para a súa fin de semana máis intensa. Este sábado, 20 de maio, á carreira Popular da Valenzá súmase a “Noite Moucha” e o “Barbadás Street Food”. Hoxe, 16 de maio, presentáronse ambos os dous eventos. No primeiro, participarán un total de 26 establecementos comerciais de todos os ámbitos. Segundo explicou a concelleira de Comercio de Barbadás, Marga Pérez, poderase mercar até a media noite “dende libros, roupa infantil e para adultos, zapatos, xoguetes e produtos de alimentación”

Asemade, engadiu a edil, todos os produtos “contarán con descontos e ofertas moi atractivos e ademais os establecementos comerciais ofrecerán á clientela degustacións, sorteos e visitas sorpresa para os mais cativos”, indicou. Ao mesmo tempo, a “Noite Moucha” contará con animación pola rúa para facer máis divertida, amena e entretida a xornada do 20 de maio.

Pola súa banda, o “Barbadáas Street Food” será unha selección das mellores “food truck” ou cociña sobre rodas. Trátase dunha variada oferta gastronómica pensada para todos os públicos. A concelleira de Comercio, Marga Pérez, explicou que, “mentres gozamos das propostas culinarias, tamén gozaremos de música en directo”. En concreto, o venres 19 de maio ás 21:00 horas, estarán no escenario situado nas inmediacións da glorieta da Familia “En mala hora”. O sábado, 20 de maio, actuarán no mesmo lugar “Viltown” ás 21:30 horas, mentres que o domingo a actuación será ás 13:30 horas con “Soul & Roll”.

O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, asegurou hoxe na presentación que “estas actividades están programadas para pór en valor o comercio local de Barbadás”. O rexedor municipal sinalou que “dende hai dous anos hai unha aposta seria e coherente polo comercio de proximidade”. E anunciou que nesta edición haberá “moitas novidades para motivar á veciñanza a participar en eventos de Barbadás e mercar no comercio local”.

Artigos relacionados

Back to top button