CulturaCulturaÚltima hora

O Sil, no programa “Como galegos!” da TVG

Entre os protagonistas do programa emitido o 16 de agosto estaba Grit Hagen, filóloga alemá afincada no Barco
Un dos momentos da gravación realizada na redacción do Periódico O Sil no Barco. Foto: Ángeles Rodríguez.
Un dos momentos da gravación realizada na redacción do Periódico O Sil no Barco. Foto: Ángeles Rodríguez.

O Malecón do Barco, as beiras do Sil, Xagoaza, Casaio… eran algúns dos lugares valdeorreses escollidos para narrar a relación da filóloga alemá Grit Hagen con Valdeorras. Unha historia que contaba xunto ao seu marido, o colocador e triatleta Pablo Israel, no programa “Como galegos!” que a televisión galega emitía na noite do 16 de agosto.

A redactora Mónica González con Grit Hagen, na entrevista realizada na redacción./ Foto: Ángeles Rodríguez.
A redactora Mónica González con Grit Hagen, na entrevista realizada na redacción./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Outro dos momentos da gravación do programa./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Outro dos momentos da gravación do programa./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Outro dos escenarios recollidos na gravación era a redacción do Periódico O Sil en O Barco. Nesta parte do programa unha das redactoras explica cómo é ter a Grit como veciña e como se ten adaptado en apenas uns anos á vida en Galicia e, sobre todo, na comarca valdeorresa.

Detalle da páxina web da TVG, onde pode verse o programa emitido.
Detalle da páxina web da TVG, onde pode verse o programa emitido.

O programa emitido pode verse no enlace:
http://www.crtvg.es/tvg/programas/como-galegos-tvg

Artigos relacionados

Back to top button