ConcellosO BarcoÚltima hora

O SIL publica un monográfico adicado ao Barco, con motivo do Cristo 2021

Portada do monográfico en papel que vén de publicar o Periódico O Sil con motivo do Cristo 2021.

 

Xa pode atoparse nos quioscos e librerías o monográfico que o Periódico O SIL vén de publicar sobre O Barco no marco da celebración do Cristo 2021. Ao longo de case medio cento de páxinas abórdase a realidade actual deste municipio valdeorrés, a través de diferentes reportaxes e entrevistas, pero tamén a súa historia, con referencias ao seu pasado romano, por exemplo.

Outro dos apartados destacados é o das colaboracións, con artigos asinados por barquenses que tocan dende cuestións literarias e culturais, ata tradicións tan vencelladas ao Barco como a da arte da pesca. A todos eles, agradecémoslles dende estas liñas a súa participación neste monográfico.

E, por suposto, nestas páxinas, tampouco faltan ás referencias ás vindeiras festas do Cristo 2021, nas que se recupera o pregón e que incluirán diversas propostas culturais, ademais das misas na honra do Nazareno polos que os barquenses senten unha gran devoción.

Artigos relacionados

Back to top button