CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O SilFest 2016 incluirá un concurso de poesía

O festival que fusiona música, gastronomía, cine e poesía á beira do río Sil celebrarase do 19 ao 21 de agosto no Barco
Unha das actuacións da primeira edición do SilFest./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Unha das actuacións da primeira edición do SilFest./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Pouco a pouco, os organizadores do SilFest van dando a coñecer as novidades da segunda edición que se celebrará os días 19, 20 e 21 de agosto na praia fluvial do Malecón no Barco de Valdeorras.

Despois de presentar o cartaz coa confirmación dos primeiros nomes que formarán parte do programa (The Lácazans, Maryland e Los Íñigos) agora anuncian unha nova incorporación á iniciativa que fusiona música, viño, gastronomía, cine e tamén poesía, coa incorporación do I Poetry Slam.

Así, nesta segunda edición do festival celebrarase, “por primera vez en Valdeorras, unha batalla de poetas deste tipo”, din dende o SilFest, explicando que o Poetry Slam “é un concurso que se celebra en moitas partes do mundo con este esquema: 12 poetas, 3 minutos para recitar, o público decide”.

Para participar non hai restriccións en canto a idade, idioma ou temática e poderán participar escritores, poetas, rapeiros… “O único requisito é que os textos a recitar teñen que ser orixinais do propio autor”, din dende a organización, adiantando que as bases do Poetry Slam SilFest estarán colgadas proximamente na web do festival www.silfest.com.

Artigos relacionados

Back to top button