ConcellosÚltima hora

O SilFest Valdeorras 2018 abre hoxe tres intensos días de actividades, no Barco

Ás 20:30h. arranca a terceira edición do festival co espectáculo “Di-Versos” na praza do Sagrado
A poeta e actriz Fátima Delgado estará esta tarde no “Di-Versos”./ Foto: Mónica G. Bellver.

Por fin chegou o día. Despois dunha forte campaña de promoción, dentro e fóra da comarca, a terceira edición do SilFest Valdeorras abre hoxe as portas a tres días de actividades en torno á música, a poesía e a gastronomía, entre outros.

E faino cunha primeira xornada gratuíta, con versos, cine e música. A primeira cita con esta edición do festival que se desenvolverá principalmente o venres e o sábado á beira do río Sil ao seu paso polo Barco de Valdeorras, será hoxe, xoves 19 de xullo ás 20:30h. co espectáculo “Di-Versos” na praza do Sagrado onde calquera amante da poesía poderá subir a recitar uns versos, propios ou de outro autor. O evento contará coa participación activa do artista natural de Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) Anxo Baranga, Irmán Maior da Irmandade de Florencio, quen compartirá escenario coa poeta  e actriz Fátima Delgado. Para os amantes do cine, ás 22:30h. proxectarase na praza Maior El gran showman e de novo na praza do Sagrado, a partires das 00:30h. terá lugar o concerto Soul & Roll.

 

Panorámica do SilFest 2016.

 

E xa mañá, venres 20 de xullo comeza o festival propiamente dito. Será a partires das catro da tarde á beira do Sil. Co Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras como patrocinador principal nesta edición, haberá catas de viño con poesía, cata de vino con batalla de músicos, curso de maridaxe de queixos con viños de Valdeorras e visitas a algunhas das bodegas da D.O., ademais dunha zona de exposición e venda. No apartado musical hai un cartel de luxo con bandas referencia do pop, rock e indie español: Varry Brava, Dinero, Grises, Nunatak, The Parrots, Presumido,… e outros que se estrean en público como Jr. Jingles.

Outro dos atractivos deste ano é a especial atención aos máis pequenos creando un festival paralelo: o Mini SilFest. Durante toda a tarde e noite do vernes e o sábado todo o día, os menores de 3 a 15 anos poderán desfrutar de obradoiros, visitas guiadas polo backstage do festival, rocódromo, navegación en kaiak, circuíto de motos entre as árbores, hinchábeis,… Tamén poderán desfrutar das actuacións de Kote Malabar e de Magín Blanco que vén presentar o seu novo traballo Camiños. Tamén como novidade as actividades infantís alongaranse ata medianoite cun karaoke infantil o venres e a última película de Disney, Coco. Nestas actividades os nenos estarán supervisados polas monitoras da organización.

 

Programación do venres e sábado no SilFest Valdeorras 2018.

Artigos relacionados

Back to top button