CulturaCultura

O SilFest Valdeorras 2018 preséntase esta noite en Vigo

O festival multicultural que fusiona música, gastronomía, viño, poesía, cine e actividades infantís celebrarase do 19 ao 21 de xullo, no Barco
Cartel do SilFest 2018.

Primeiro foi en casa, no Barco de Valdeorras, despois en Ourense e agora en Vigo. A promoción da 3ª edición do SilFest Valdeorras que se celebrará a mediados de xullo continúa o seu percorrido e esta tarde chega á Sala Radar. Alí, a organización explicará polo miúdo o programa desta edición do festival multicultural que fusiona música, gastronomía, viño, poesía, cine e actividades infantís.

O acto será presentado por Juan de Castro, director do Festival Primavera de Cine  e Galician Freaky Film Festival e contará coa actuación da banda viguesa Kings of The Beach. Ao remate haberá degustación de viños da D.O. Valdeorras e empanadas da comarca.

Artigos relacionados

Back to top button