CulturaCulturaÚltima hora

O SilFest Valdeorras 2018 preséntase este venres en Santiago

O evento, patrocinado polo C.R.D.O. Valdeorras, terá lugar no Bar Embora e inclúe a actuación de Kadettgsi
Cartel da presentacón do SilFet en Santiago.

Os días 19, 20 e 21 de xullo o SilFest Valdeorras celebra a súa 3ª edición no Barco de Valdeorras, e para promocionalo, a organización estao presentando por toda Galicia. Primeiro foi no Barco, despois en Ourense e Vigo e agora chegan ata Santiago de Compostela.

Este venres 22 de xuño ás 20 horas, o Bar Embora acollerá o evento con entrada gratuíta e patrocinado polo C.R.D.O. Valdeorras que inclúe un concerto ao aire libre da banda compostelana Kadettgsi e unha degustación de viños valdeorreses con petiscos da comarca.

O SilFest é un festival multicultural que fusiona música, gastronomía, viño, poesía, cine e actividades infantís. O Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras é o patrocinador principal este ano e iso queda patente en todas as actividades que a organización ten preparadas: visitas guiadas a bodegas, cursos de maridaxe, catas de viño con música, con poesía… Tamén este ano como novidade, o Mini SilFest, un festival paralelo pensado para os mais pequenos, no que poderán participar en obradoiros, xogos tradicionais, actividades na natureza e coñecer como se fai un festival por dentro.

Artigos relacionados

Back to top button