CulturaCulturaÚltima hora

O SilFest Valdeorras 2019 quenta motores

Mañá, mércores 13 de febreiro, sairán á venda ás entradas da 4ª edición do festival á beira do río
Unha das actividades con viño realizada na pasada edición do SilFest. /Foto: Mónica G. Bellver.

Seguindo a estela das anteriores edicións, o cine, a poesía, a gastronomía e a naturaleza, mestúranse coa música en directo e o viño para dar forma ao SilFest Valdeorras 2019. Un festival multicultural á beira do río que se celebrará do 4 ao 6 de xullo no Barco.

A organización leva meses preparando a cuarta edición e este mércores 13 de febreiro ás 10h. quedará aberta a venda das entradas. Tal como avanzan dende o SilFest, os 100 primeiros poderán conseguir o abono para o festival por 12 euros (+gastos de xestión). “Unha vez que se esgote a oferta, o prezo anticipado será de 16 euros (+g.x.) e o prezo en taquilla de 22 euros  (+g.x.)”. Mañá tamén saíran á venda os abonos anticipados do Mini SilFest por 4 euros (+g.x.), válidos para cativos de 3 a 15 anos. Os abonos inclúen o acceso ao recinto os días 5 e 6 de xullo así como á zona de acampada.

As entradas estarán á venda na web do festival: www.silfestvaldeorras.com e proximamente os abonos anticipados tamén estarán dispoñibles de forma física en varios puntos de venda da zona.

Con respecto ao apartado musical, a organización vai pouco avanzando o nome das bandas que actuarán este ano. De momento están confirmados os galegos Igloo, os bercianos The Morgans e os valencianos La Plata.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button