EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

O SilFest Valdeorras atraía a unhas 1.200 persoas, segundo a organización

Os promotores deste festival, que desenvolvía do 4 ao 6 de xullo ás beiras do río Sil no Barco, fan balance desta cuarta edición á que cualifican de exitosa

Boa música, poesía, viño, gastronomía, natureza, maxia e ata deporte. Eran algunhas das variadas propostas que incluía na súa programación o SilFest Valdeorras, que se celebraba do 4 ao 6 de xullo na praia fluvial do Malecón (O Barco). A organización vén de facer un balance moi positivo desta cuarta edición que cualifica de éxito e na que cifra a participación en máis de 1.200 persoas.

“O público do SilFest Valdeorras desfrutou de boa música e baiou coas cancións de recoñecidos grupos como Second, Shinova e Amatria, pero tamén cos ritmos de bandas locais como Airline, Vuelta y Media e Azor 91. Durante tres días degustaron os viños da Denominación de Orixe Valdeorras e os produtos gastronómicos da zona, organizáronse recitais de poesía e incluso moitos dos asistentes non dubidaron en poñerse o bañador e probar a auga do río Sil para afrontar as altas temperaturas”, segundo os organizadores do festival.

 

Consideran tamén que o SilFest tense convertido nun “evento imprescidible do verán” e destacan que é posible “grazas á colaboración de moitas persoas, empresas, entidades e administracións. E grazas aos que nos elixen, ao noso público que sempre nos acompaña”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close