CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O SilFest Valdeorras estará presente no BIME PRO de Bilbao

Un dos seus directores foi convidado a asistir a este encontro entre profesionais da música e das industrias culturais e creativas que se celebrará do 26 ao 29 de outubro

Unha das actividades con viño realizada nunha edición anterior do SilFest. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Malia que debido á situación sanitaria actual, tivo que adiar a súa quinta edición ao 22, 23, e 24 de xullo de 2021, O SilFest Valdeorras ten aínda unha oportunidade de promocionarse neste ano.

Se todo vai segundo o previsto e non se producen máis restricións de movemento, o festival multicultural que se celebra á beira do río, no Barco de Valdeorras, estará presente no BIME PRO, un encontro entre profesionais da música e das industrias culturais e creativas que se celebrará na cidade de Bilbao do 26 ao 29 de outubro.

Tal como adiantan dende a organización do festival, a comarca de Valdeorras estará representada na feira por un dos directores, Jorge Álvarez Delgado, convidado a participar nunha das múltiples actividades. En concreto  será un dos ponentes da mesa de debate coa temática “Mereceu a pena? Éxitos e fracasos da (sobre) exposición online durante a COVID-19” que terá lugar o 28 de outubro.

Artigos relacionados

Back to top button